Familias Portal Educativo Xunta de Galicia

Familias Portal Educativo Xunta de Galicia
Neste portal terás acceso a toda a información, programas, novas relacionadas coa educación en Galicia. Moi interesane e moi útil

martes, 3 de diciembre de 2013

A VISIÓN DE MAFALDA DA ESCOLA: unha grande lección!

SEGUIMOS REFLEXIONANDO: COMO O LAPIS de Paulo Coelho

Hoxe é un novo día, un novo día despois de moitos meses no que este blog estivo parado. A verdade é que o traballo díario nas clases, nos grupos de apoio e acompañamento cos alumnos fóra do horario escolar fixeron que o meu tempo se fixera moi xusto para poder atender a tantas cousas que a miña mente pensa, soña e pretende levar adiante.
Pero agora, unha vez iniciado un novo curso,  xa reposto (relativamente) do desgaste do tempo pasado, tento de novo re-iniciar de novo a actividade de promover a reflexión con vós, cos pais dos nosos alumnos. Esperemos que este sexa un lugar de axuda, de estimulación de cambios necesarios para un plantexamento mais eficaz do noso esforzo de cara a educación dos nosos menores. Busquemos todos xuntos un cambio de actitude, de enfoque, e de estilo para que deste xeito logremos que os nosos nenos e nenas logren ser felices, adultos con criterio, con decisións, con visións claras e críticas ante o que lles rodea e polo tanto ser uns ciudadáns humáns, colaboradores, solidarios e que busquen e LOGREN facer deste un mundo mellor.
Un saúdos a todos e a todas que empreguedes este pequenísimo espazo de educación.
 Como primeiro enlace desta nova tempada incluirei un video de YOUTUBE no que se recompilan catro traballos nos que se pretende que reflexionemos sobre a influencia que exercen sobre os nosos fillos o noso xeito de actuar e de afrontar as circunstancias da nosa vida. 
PARA VER O VIDEO CLICA SOBRE A IMAXE OU O TÍTULO DO VIDEO.
http://www.youtube.com/watch?v=FrtD7ZLQa0Q

lunes, 14 de enero de 2013

Dicir NON é necesario

Sempre temos moitas dudas en como afrontar os problemas educativos que se nos van plantexando a medida que os nosos fillos medran. Queremos facilitarlle as cousas, evitarlle fracasos, facelos felices e ao mesmo tempo que se fagan fortes e estean preparados para un mundo que recoñecemos difícil e cheo de problemas que en moitos casos nos producen frustracións.  Decididamente neste mundo eles vanse atopar moitas veces con situacións onde a palabra empregada será o NON, e debemos ter en conta que o uso e control desta verba, da prohibición, da negación, e polo tanto a boa asimilación da mesma polos nosos menores sexa parte da súa experiencia vital. 
Picando na fotografía entrarás nun artigo sobre como dicir non, corresponde á páxina COMO ESTUDIAR Y EDUCAR. Espero que vos sirva de guia e aporte ideas e solucións.