Familias Portal Educativo Xunta de Galicia

Familias Portal Educativo Xunta de Galicia
Neste portal terás acceso a toda a información, programas, novas relacionadas coa educación en Galicia. Moi interesane e moi útil

jueves, 11 de octubre de 2012

SIMPLEMENTE CEREAIS?

Spot cereais Choco Flakes
Seguramente todos e todas vimos un montón de veces estes cereais anunciados na televisión. ( Pica na foto para ver o spot publicitario).
Como podedes observar simplemente consiste nunha promoción publicitaria duns cereais que se pretenden introducir como unha alternativa nos almorzos, ceas ou merendas dos nosos nenos.
O que en principio debería basearse nas carácterísticas nutritivas do produto a vender, no sabor, nas texturas, nos aportes de enerxía, etc deixan de importar para fixarse mais en outros aspectos que fagan que desperte o interese dos pequenos, aspectos que se refiren únicamente aos caracteres de personalidade que se consideran mais aceptados polos posibles consumidores.

Posto que os consumidores serán os menores, sen poder adquisitivo por si mesmos, sen  un nivel adecuado de madurez, espiritu crítico, experiencias, e capacidade intelectual en comparación con un adulto; as empresa publicitaria decide obviar as características do propio producto vendendo únicamente un modo de ser e vivir  que poida impactar nos pequenos, un estilo de persoa que queira ser imitado. Polo tanto crean un personaxe cunhas carácterísticas moi definidas (certamente acertaron na proposta posto que se seguides buscando atoparedes bastantes spots diferentes do mesmo producto co mesmo estilo e mesmo personaxe que demostra o éxito da campaña). 

As características destacadas deste personaxe saltan á vista no spot publicitario: definidos ao final do mesmo como "os cereais mais bestias": agresividade, destrucción, prepotencia, desafiante, despreocupado, etc. Sumando a todo isto unha presencia desaliñada, roupa rompida, etc.

Que ten todo isto que ver con educación?

Levo tempo detectando que moitos dos nosos alumnos e alumnas cada vez teñen menos conciencia social, e mostran actitudes egocéntricas e excéntricas das que se sinten claramente satisfeitos.
Buscando a razón destes feitos atopei unhas cuantas preguntas que me fixen e que aquí nesta reflexión poden ter tamén sentido:
-Estamos os maiores promocionando estas actitudes?

-De donde toman os modelos?

-Cando lle decimos aos nosos nenos e nenas que todos somos iguais, que hai que compartir: o mundo que lle ensinamos e mostramos está de acordo co consello que lle damos?

- Valoramos igualmente a un neno que se sinte inferior que a aquel que se sinte forte e incluso algunha vez abusa da súa forza?

- Premiamos con halagos a aqueles nenos que son capaces de facer valer o seu criterio dende pequenos, ás veces a base de berros, ou lograndoos á forza? 

-Resúltanos "simpático" o neno ou nena que emprega a forza para conseguir o que quere?

Todas estas preguntas, ás veces atopan respostas claras, outras non tanto. Sen embargo podemos ver algunhas expresións e actitudes que nós mesmos ás veces tivemos ou ben observamos en outros, como as que seguen:
- "A este non hai quen lle pare os pés, que se preparen cando chegue a escola"
-" Mais vale que sea quen as dea e non quen as reciba"
- " Así me gusta!, ese o xeito de que che fagan caso"
-" O mundo é dos que mandan, ou mandas ou che mandan"
- " Arregla o teu, mentres non te pillen  non hai problema"
- " O mundo está así, hai que facerse respetar"
- etc.
Xunto con estas situacións nos atopamos con modelos que os medios de comunicación nos mostran a diario e que, si ben a intención non é a de crear persoas antisociais, insensibles e agresivas; ao mostrarse con tal frecuencia, e sendo a TV un espello no que a maioria dos nenos se ven reflexados, danlle a entender que ese é modo normal, habitual e socialmente aceptable de actuar.
spot natillas Danet

Picando na anterior fotografía atopamos outro spot publicitario no que se pretende promocionar un produto alimenticio baseandose únicamente nunha actitude agresiva, en defensa de adolescentes ( neste caso) ante os pais que pretenden pór algo de sentido común e orden nos seus fillos. Sucede noutros spots desta mesma marca a mesma situación tanto con pais, nais ou mesmo profesores. 
O personaxe neste caso é un loitador a modo de superheroe que se enfrenta con gritos, rompendo cousas, agarrando á forza, etc. Novamente un modelo a mostrar agresivo, prepotente, en contra da norma, etc.
Que debemos facer nós? temos que impedir que vexan a TV?
Non pretendo dar fórmulas máxicas nin solucións totais aos problemas que se nos plantexen cos nosos fillos e fillas ( sobre todo porque seguramente non as atoparía), pero sí que todos reflexionemos un pouco nos modelos, que as veces, sen ser totalmente conscientes, lles estamos a "vender" aos nosos nenos/as e xovenes.
Deberiamos ser mais cuidadosos en como falamos diante deles ( o que lle valoramos), comentando con eles o que se ve en TV, facendolle ver o verdadeiro valor da publicidade e a función que cumpre, o engañoso que pode ser o que vemos en TV, cine ou videoconsolas ( outro tema para reflexionar largo e tendido), tentar sacar deles conclusións do que están a ver e percibir en accións e situacións observadas tanto reais como espectadores de medios de comunicación.
Por último soamente dicir: podo entender moitas cousas, podo comprender que as situacións concretas condicionan ás persoas, pero iso non é suficiente, debo formar persoas, debo facer homes e mulleres felices que poidan analizar correctamente o mundo, ser críticos e lograr ciudadanos que convivan e vivan integrados nun mundo de todos e para todos. Para conseguilo debo remover nas súas conciencias, forzar os seus sentimentos, e lograr que a súa vontade cambie. Por iso é necesaria unha relación estreita con eles e con vós, sei que podo contar coa axuda das familias que ante todo buscarán sempre a felicidade dos seus membros.


No hay comentarios:

Publicar un comentario