Familias Portal Educativo Xunta de Galicia

Familias Portal Educativo Xunta de Galicia
Neste portal terás acceso a toda a información, programas, novas relacionadas coa educación en Galicia. Moi interesane e moi útil

domingo, 18 de noviembre de 2012

Como nos ven a nós os nosos fillos?





Con frecuencia vemos como o mundo dos adultos interpreta e analiza como actúan os nosos nenos e nenas, como van evolucionando e como debemos axudarlle. Esto é fundamental para que poidamos organizar as nosas actuacións do mellor xeito posible buscando uns maiores logros no desenvolvemento dos nosos menores, saber como pensan, como interpretan o mundo, cales poden ser os seus intereses e cales actuacións nosas serán mais apropiadas para poder achegarnos mais a eles. 
 Neste post, vou a insistir precisamente neste aspecto: como nos ven a nós os pequenos, que esperan de nós, e como nos correxirian se lle deramos oportunidade. Navegando pola rede atopei este artigo no que un neno escribe unha carta a un pai indicandolle o mellor xeito de comportarse con él ante as accións e responsabilidades que se lle piden.
A cotinuación inclúo a carta que saquei do seguinte enlace e que podedes visitar pois ten moita información de interese, tanto para pais, como para alumnos e para profesores.

 

 

 

 

CARTA DUN FILLO A UN PAI. 


1.- Non me berres.
Respectoche menos cando o fas. Ademaís enseñasme a berrar tamén a min e eu non quero facelo.

2.- Trátame con amabilidade e cordialidade igual que aos teus amigos. Que sexamos familia non quere dicir que non poidas tratarme coma un amigo.

3.-Si fago algo malo non me preguntes por qué. Moitas veces nin eu sei porque o fixen.

4.- Non digas mentiras diante de min, nin me pidas que as diga por ti (aínda que sexa para sacarche dun apuro). Fas que perda a fé no que dís e que me sinta mal.

5.- Cando te equivoques en algo admiteo. Millorará a miña opinión sobre tí e aprenderasme a admitir os meus erros.

6.- Non me compares con ninguén, especialmente cos meus irmáns. Si me fas parecer mellor que os demais haberá quen sufra; se me fas parecer peor serei eu quen sufra.

7.- Deixame valerme por min mesmo. Si ti o fas todo por min eu non poderei aprender.

8.- Non me des ordes sempre. Si en vez de ordenarmo, mo pediras, faria mais rápido e mais a gusto.

9.- Non cambies tan a miúdo de opinión sobre o que debo facer. Decide e mantén esa opinión.

10.-Cumpre as promesas, boas e malas. Si me prometes un premio, damo; pero tamén se é un castigo.

11.-Trata de comprenderme e axudarme. Cando che conte un problema non me digas: "Iso non ten importancia..." porque para min si que a ten.

12.-Non me digas que faga o que ti fas. Eu aprenderei sempre do que ti fagas aínda que non mo digas, pero nunca farei o que ti digas e non fagas.

13.-Non me des todo o que che pida. Ás veces soamente pido para ver canto podo conseguir.

14.-Quéreme e dimo. A min gústame oircho dicir aínda que ti non o creas necesario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario